Publicidad:
La Coctelera

en negro

26 Julio 2008

CINE E PROPAGANDA

O cine naceu oficialmente o 28 de decembro de 1895. Este día os irmáns Lumière amosaron os seus filmes aos espectadores do Salon Indien de Paris.

Coa masificación da guerra e o desenvolvemento da propaganda, foron moitos os réximes que viron nel unha ferramenta moi útil para espallar o seu ideario.

Deste xeito, atopamos numerosos exemplos de cine propagandístico ao logo da historia.

Durante o réxime nazi en Alemaña destacou a realizadora Leni Riefenstahl con películas como Trumph des willens (1936) ou Olympiad: Fset der volker (1936) nas que ensalza a figura do dictador Adolf Hitler.

Leni Riefenstahl

En Italia atopamos o filme Scipione L’africano (1937) no que se ensalza ao Imperio Romano e por extensión ao réxime fascista de Mussolini.

A URSS foi un dos réximes que máis empregou o cine como ferramenta propagandística, posto que Lennin era sabedor de que este podía ser unha forte arma de guerra. Nel destacan películas como Oktiabr (1926) ou O acorazado Potemkin (1925), un dos exemplos máis importantes de cine propagandístico.

O acorazado Potemkin (Броненосец Потемкин, ou Bronenósets Potyomkin, en ruso) foi dirixida polo cineasta soviético Serguèi Eisenstein e considérase un dos mellores filmes da historia do cine.

Serguei Eisenstein

Trátase dunha película baseada, parcialmente, en feitos reais acontecidos no porto de Odesa (Ucrania) durante a semana do 26 de xuño de 1905.

O filme está composto por cinco episodios: Homes e vermes (Люди и черви), Drama no Golfo de Tendra (Драма на тендре), O morto clama (Мёртвый взывает), A escaleira de Odesa (Одесская лестница) e Encontro coa escuadra (Встреча с эскадрой); nos que se narra como os mariñeiros do acorazado se sublevan aos seus dirixentes ante a explotación e as pésimas condicións nas que se atopan.

A escaleira de Odesa - O acorazado Potemkin

Mais co paso do tempo o cine deixou de ser empregado como ferramenta propagandística, debido, en gran medida, á paulatina desaparición das ideoloxías.

Ora ben, na actualidade podemos atopar obras cinematográficas cunha marcada opinión persoal do director como, por exemplo, Land and freedom de Ken Loach ou Unha verdade incómoda do aspirante a presidente dos EE.UU Allen Gore, inda que estas xa non se consideren propaganda.

Malia isto, gustariame propoñervos unha reflexión: poden considerarse as películas de Hollywood unha ferramenta propagandística cuxo obxectivo é espallar a doutrina neoliberal capitalista, reflectida a través do modelo de vida norteamericano?

Emprázovos pois a que expoñades a vosa opinión.


Tags: cine, propaganda

servido por olalla 4 comentarios compártelo

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Víctor

Víctor dijo

Unha gran arte sen dúbida e que grazas a él nos serve para achegarnos a moitos outros momentos da história e coñecelos doutro xeito. Tamén gran filme O acorazado Potemkin.
Con respeto á pregunta que se propón estou seguro de que sí que se nos amosan eses ideais como modelo a seguir, simplemente con ver un par de documentais de Michael Moore nos decatamos de moitos deses aspectos.

3 Agosto 2008 | 01:05 PM

Víctor

Víctor dijo

Refírome cos documentais de Michael Moore á crítica que fan, por se se entende mal o comentario.

un saúdo

3 Agosto 2008 | 01:07 PM

xose

xose dijo

Non sigo moito o teu blogue, polo que non sei se xa o comentache en artigos anteriores, mais hai un pequeno escrito publicado en galego na Trabe de Ouro de Theodor W. Adorno (da escola de Francoforte -Frankfurt-) sobre a propaganda nazi baseándoa nas teoría freudianas. Moi aquelado para teorizar sobre a documentarios coma "O triunfo da vontade" da Riefensthal.

14 Septiembre 2008 | 01:31 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de olalla

luscofusco

lugo, España
ver perfil »
contacto »
Olalla Rodil, nada na provincia de Lugo e actualmente afincada na cidade de Pontevedra. Son estudante de Publicidade e RR.PP na Universidade de Vigo, concretamente na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Fotos

olalla rodil fernández todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera