A PROPAGANDA DE AXITACIÓN
A agitprop ou propaganda de axitación é unha estratexia política xeralmente de tendenza comunista que foi descrita, orixinariamente, polo doutrinario marxista Georgi Plejánov.
Este modelo propagandístico difúndese a través da arte e/ou a literatura empregando como métodos a axitación e a propaganda. O seu principal obxectivo é influenciar á opinión pública.
Lennin tamén a desenvolveu sendo, asemade, o que lle outorgou o nome (agitprop) debido a os seus argumentos emocionais e razoados. O termo é unha abreviatura da Oficina de Axitación e Propaganda (OSVAG) do Partido Comunista da Unión Soviética.

Propaganda de axitación
Dentro da Oficina de Axitación e Propaganda traballaban, pois, axitadores e propagandistas.
Propagandista: trátase daquelas persoas cuxa misión é transmitir unha gran cantidade de ideas a un grupo reducido de persoas. O método empregado denomínase “revelación política” e consiste en relacionar un feito puntual co contexto xeral da doutrina. Por exemplo: “a xente non pode ir á compra porque non ten diñeiro, e non ten diñeiro por culpa do FMI”.
Axitador: ao contrario que os propagandistas, inculcan poucas ideas a un gran número de persoas. O método empregado neste caso denomínase “voz da orde”. As voces da orde soen expresar obxectivos a través dun slogan que actúa como control emotivo. Nembargantes, a voz da orde ten un unha parte racional, por exemplo, “A unidade do proletariado”.


Víctor dijo
Moi interesante o blog e esta última actualización sobre a propaganda de axitación. Descoñecía o termo Agitprop de estratexia política de tendencia comunista.
Un bo recuncho para achegarse un pouco máis á história e completar os conceptos previos.
un saúdo
17 Julio 2008 | 01:09 PM