Coa primeira guerra mundial prodúcese o desenvolvemento da industria armamentística ao mesmo tempo que a propaganda se converte nun proceso organizado e profesionalizado.

Neste momento aparece o concepto de “guerra de masas”. Isto quere dicir que o conflito bélico non afecta só aos miliares senón que involucra directamente á poboación civil.

De xeito que, ante o elevado número de vítimas, a propaganda converteuse nunha ferramenta psicolóxica para a motivación dos combatentes, mais cada bando desenvolveu técnicas e estratexias distintas, nesta actualización centrarémonos no bando alemán.

ALEMAÑA

A súa propaganda caracterízase por ser de tipo defensivo de xeito que, a súa principal carcterística, é a existencia dun primeiro sector (partido ou estado) que inicia a mensaxe fixando o seu eixo temático e un segundo sector que responderá ás acusacións, tentando reverter o “debate” cara temas que lle resulten máis favorábeis.

Esquema da propaganda defensiva que actualmente continua sendo empregado por algúns partidos:

O bando alemán tamén desenvolveu unha estratexia propagandística encamiñada a dominar a opinión pública dos americanos. A través disto pretendían sensibilizar aos americanos con descendencia alemá e aos irlandeses en contra dos británicos; mais non tiveron demasiado éxito, tanto no eido militar coma no propagandístico.

Velaí vos van algúns carteis pertencentes á propaganda alemá durante a I Guerra Mundial:

Cartaz da alianza entre Alemaña e Austria-Hungría


A guerra submariña alemá

Fonte da información

http://www.ati.es/article.php3?id_article=161

http://publicidad.idoneos.com/index.php/352607