AKIRE08, POLÍTICA DENDE A BARREIRA
A entrada de hoxe correspóndese cun traballo de clase no que debemos escoller o mellor post doutro blog relacionado tematicamente.
O blog que eu escollin é www.lacoctelera.com/akire08 xa que fala sobre política e, durante os últimos días, as miñas entradas versaron sobre propaganda.
Concretamente a miña entrada estará centrada no post ¿ Resuelto nuestro futuro para los próximos cuatro años?Dende o meu punto de vista esta é unha das mellores actualizacións do blog xa que recolle un tema de actualidade, sobre todo no seu momento, e que ademais suscitaba moito interese.
Por outra banda, creo que a análise que fai das últimas eleccións ao comezo do post é claramente acertada mais tamén considero que escasa. Nela define o bipartidismo como unha das principais características destas eleccións así como considera que foi un elemento crucial nos resultados das mesmas pero non analiza os principais trazos dese bipardismo nin critica que nun estado cuxa constitución afirma a pluralidade de partidos, as últimas eleccións estiveran más próximas a unhas presidencialistas.
Asemade eu destacaría como un dos principais méritos do post a exposición dos titulares pertencentes aos xornais máis lidos no estado porén creo que en definitiva a visión que estes nos poden proporcionar é practicamente a mesma, salvando as diferenzas ideolóxicas, polo que considero que sería mellor poñer a visión doutros xornais alternativos máis críticos co sistema electoral vixente, co bipartidismo...
Xa para rematar, dicir que me parece un blog interesante, non só esta entrada, senón en xeral, pero houberame gustado ver máis opinión persoal por parte dela e que non se limitara a expoñer só que os xornais din.
Por outra banda, gústariame explicar o título escollido para este post. Creo que con el, describo a miña opinión sobre o blog. Trata temas interesantes pero considero que se queda´na "barreira" e non profundiza demasiado neles.
Saúde.


alberte dijo
ola! q ben o blog! xa teño máis cousas para ler e distraerme en época de exames! hehe
moi acertado o título, parece que á xente lle costa opinar argumentadamente, prefiren copiar e pegar... é o qe ten ensinar a informar sen formar mentes críticas...
pero oe, en galiza polo menos o bipartidismo foi derrotado xd!
mágoa no estado... a ver se espavila esta xentiña de castela...
29 Mayo 2008 | 02:19 PM