« A GUERRA CIVIL EN CARTEIS II | Inicio | AKIRE08, POLÍTICA DENDE A BARREIRA »
Este ano cúmprense corenta anos do Maio francés e para conmemoralo, ao mesmo tempo que continuo amosándovos carteis con carácter político, velaí vai esta actualización.
Corría a primavera do ano 1968 cando se produciron as primeiras folgas estudantís en París. O goberno francés, nun intento por disolvelas, aumentou as cargas policiais e a única resposta que atopou foron os adoquíns do famoso Barrio Latino e a convocatoria dunha folga xeral de estudantes.
A primeira reivindicación das estudantes foi o libre acceso aos dormitorios femininos nas universidades (algo prohibido polas normas sociais da época).
Pouco a pouco, o que comezara como a resposta estudantil á opresión policial rematou configurando unha folga xeral secundada por dez millóns de traballadores espallados por todo o territorio francés.
Apoiados polo Partido Comunista Francés (PCF) e o seu referente sindical (CGT) as fortes folgas paralizaron o país.
Mais a medida que o movemento se foi radicalizando estes apoios politicos foron esvaecéndose e tan axiña como comezou,o maio, rematou. Os traballadores, que conseguiran numerosas melloras salariais, foron regresando ao traballo a petición do PCF e a CGT.
As manifetacións na rúa foron prohibidas e pouco a pouco os estudantes, que noutrora converteran as universidades en asembleas, volveron entrar nelas só para estudar.
Da Sorbona caeu a bandeira vermella e negra que pregoaba unha revolución... e hoxe só quedan as lembranzas daquel Maio do 68.
"Les libertés ne se donnent pas, elles se prennent".
Olalla Rodil, nada na provincia de Lugo e actualmente afincada na cidade de Pontevedra. Son estudante de Publicidade e RR.PP na Universidade de Vigo, concretamente na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Escribe un comentario