A GUERRA CIVIL EN CARTEIS II
Bando republicano.
Ao contrario que o bando golpista, o republicano contaba, ao comezo da guerra, con moitos recursos para espallar a súa propaganda (xornais, emisoras de radio, editoriais…).
Ademais, o goberno da II República, levaba a cabo a labor propagandística a través, nun comezo, da Xunta de Defensa mediante un Conselleiro de Orde Pública e, posteriormente, cunha Delegación específica de Propaganda e Prensa.
Por outra banda contaba coa axuda dos distintos partidos de esquerdas e con outros organismos estranxeiros que apoiaban a lexitimidade do goberno da República como foron o Comité International de Coordination et d'Information pour l'aide à l'Espagne Republicaine" ou a "Asociation Hispanophile de France".
Por outra banda, en todo o territorio controlado polo goberno da República, tanto a prensa escrita (na que se inclúe a ‘prensa de trinchera’), a radio como o cine convertéronse durante o conflito bélico nos principais medios de difusión propagandística.
Se tiveramos que buscar semellanzas con outra propaganda, a republicana estaría ligada, sen dúbida, aos carteis soviéticos.
O goberno republicano, así como os partidos de esquerdas e os sindicatos tiñan como eixo central da súa propaganda os ideais de liberdade, democracia, igualdade e socialismo. Amosando, con algún, as barbaries levadas a cabo polo bando fascista e os seus aliados (Italia e Alemaña).
Cartel da F.A.I

Cartel antifascista

Cartel da U.G.T e o P.S.U
Asemade deixovos o enlace dunha páxina na que atopareces carteis antifascistas da Guerra Civil clasificados por temática: http://www.elcantodelbuho.org/carteles/1A_GuerraCivil.html
Fonte da información: http://argonauta.imageson.org/document62.html



imagen-ia dijo
Los carteles de esa época eran muy buenos, yo diría que me gustan más que los de ahora. Además, en este caso, manifestaban unas ideas verdaderas, no estaba todo tan manipulado como en la actualidad. Y digo "tan", porque publicidad y verdades a medias me parece que es algo que va muy unido desde el principio.
La canción elegida muy buena. Por su letra, y por el buen lugar que ocupa en esta actualización.
Un besín Olalla.
9 Mayo 2008 | 05:26 PM