Publicidad:
La Coctelera

en negro

26 Abril 2008

PROPAGANDA

A propaganda é unha importante ferramenta da promoción que serve para dar a coñecer, por unha banda, doutrinas, ideas e puntos de vista e, pola outra, información referente a unha organización, os seus produtos, servizos e/ou políticas. Todo isto, coa finalidade de atraer adeptos ou compradores.

Mais debemos ter en conta, tamén, distintas definicións dadas por outros autores.

· Patricia Bonta e Mario Farber, autores do libro 199 preguntas sobre Publicidad y Marketing definen a propagando como “o uso de técnicas publicitarias aplicadas a fins políticos”.

· A American Marketing Asociation (A.M.A) define a propaganda como “as ideas, información ou outro material difundido comunmente a través de medios (xornais, radio, televisión…) nun esforzo por gañar persoas para unha doutrina ou punto de vista”.

· Laura Fischer e Jorge Espejo, autores do libro Mercadotecnia din na súa terceira edición que a propaganda é “un tipo de publicidade que se realiza en medios masivos de comunicación para difundir ideas políticas e relixiosas”.

· O Diccionario de Marketing Cultural S.A define a propaganda como unha “forma de diseminar un concepto que apela, tanto ao intelecto como ás emocións do público ao que vai dirixido. Debido á combinación dos seus obxectivos é o medio preferido para a comunicación de ideas, doutrinas…”

Fonte: www.promonegocios.net/mercadotecnia/propaganda-definicion.html

A propaganda, ao igual que a publicidade, foi mudando ao longo da historia. Velaí vos van algúns exemplos de propaganda política, dende os primeiros carteis até os actuais vídeos difundidos por Internet.

Cartel de propaganda soviético

Cartel feito polo escritor, político e debuxante galego, Castelao, para pedir o si ao Estatuto de Autonomía de 1936.

Cartel propagandístico dos sindicatos CNT e AIT

Spot electoral do BNG (Eleccións 2008)

Spot electoral de IU (ELeccións 2008)

servido por olalla 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

anandawanda

anandawanda dijo

Hola Olalla, elegí tu post como el mejor porque fué el que más me ha gustado, tanto por su elaboración como por su temática.
Puedes ver mi opinión en:
http://www.lacoctelera.com/anandawanda/post/2008/05/29/el-mejor-p...

29 Mayo 2008 | 01:51 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de olalla

luscofusco

lugo, España
ver perfil »
contacto »
Olalla Rodil, nada na provincia de Lugo e actualmente afincada na cidade de Pontevedra. Son estudante de Publicidade e RR.PP na Universidade de Vigo, concretamente na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Fotos

olalla rodil fernández todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera