PUBLICIDADE INSTITUCIONAL
A publicidade institucional é un elemento máis da comunicación pública que serve aos organismos públicos para intercambiar e compartir información de utilidade cos cidadáns.
Os seus principais obxectivos son:
- Informar sobre a existencia, funcionamento e composición das administracións públicas.
- Promover o exercicio de dereitos ou o cumprimento de deberes en condicións de igualdade e fomentar comportamentos dos cidadáns en relación cos bens e servizos públicos de carácter educativo, cultural, social, sanitario...
- Difundir as actividades, proxectos levados a cabo e resultados obtidos en relación cos servizos prestados por cada Administración Pública no ámbito das súas atribucións e competencias.
- A sensibilización dos cidadáns para fomentar condutas ou hábitos que favorezan a convivencia, o benestar social, a saúde pública, e os valores de democracia, liberdade e pluralismo político.
Por outra banda, este tipo de publicidade está totalmente desligada das campañas electorais en periodos de eleccións, aínda que, en moitos casos, sirva de axuda para o partido que goberna.
Velaí vos van algúns exemplos de publicidade institucional.

Cartaz Xunta de Galiza do Dia Internacional da Muller (2008)
Anuncio da Consellaría de Política Lingüística
Spot campaña contra o tabaco, Ministerio de Sanidade. Goberno de España.
Fonte da información: http://www.a-nei.org/descargas/task,doc_view/gid,103/



Javi dijo
Hola!!
Te pido perdón porque no sea un mensaje personalizado, pero así hacemos llegar esta noticia a más gente
Ya sabes que se viene Santa Kata 08 y que los chicos de tercero se lo están currando mucho mucho...¿vas a faltar?
Más información aquí
(sorry arriba no van los enlaces)
18 Abril 2008 | 04:16 PM