Publicidad:
La Coctelera

en negro

18 Marzo 2008

LAS VEGAS CHEGAN A EUROPA

Fai uns días chegou a min unha noticia sorprendente a través de ElPeriódico.com. Malia que non foi así, esta debería chegar á opinión pública.

O titular era "Los Monegros se muestra ansioso por seguir la senda de Las Vegas" e no devalar da noticia descubrimos o proxecto que ten entre mans a Junta de Aragón.

Trátase da contrución dun centro de ocio e consumo denominado Macroproxecto Gran Scala semellante ao situado no estado de Las Vegas (EE.UU).

Este proxecto, xa aceptado pola Junta de Aragón, estará situado no deserto de Los Monegros e contará cunha inversión de 17.000 millóns de euros por parte dun consorcio de empresas: International Leisure Development (ILD).

O novo Las Vegas, que ocupará arredor dunhas 2025 hectáreas (500 campos de fútbol), constará de:

- 5 parques temáticos

- 32 casinos (un menos que en Las Vegas)

- 40.000 máquinas "tragaperras"

- 70 hoteis

- 232 restaurantes

- medio milleiro de comercios

- 1 hipódromo

- 1 centro de convencións

- 1 campo de golf

O proxecto foi apoiado tanto pola administración aragonesa coma pola poboación local, abraiada coa chegada de novos empregos á localidade (arredor de 62.500 postos de traballo directos), polo que a Junta se coprometeu a facilitar unha serie de servizos indispensábeis para levar a cabo a iniciativa (o terreo, accesos ao recinto, infraestruturas, suministro enerxético e de auga así como a modificación dalgunhas normativas vixentes que dificultaban lixeiramente a posta en marcha do proxecto).

Ora ben, resulta desconcertante que na mesma comunidade na que se está a levar a cabo a Expo (adicada por certo á auga), se vaia pór en marcha unha iniciativa destas magnitudes, pois todos sabemos que esta zona sofre dunha importante escaseza de auga.

É máis, son as administracións públicas conscientes do impacto e degradación ambiental e cultural que vai supoñer o Macroproxecto?



Como podemos observar, a noticia, de grande importancia, non foi proxectada realmente á opinión pública. Atopámonos, pois, ante unha xerarquización das noticias alarmante, sendo vítimas do que os medios, nas súas Axendas-setting, estabelezan como importante e interesante.

Nunha sociedade da información coma esta, estamos verdadeiramente informados sobre todo o que acontece ou só do que a algúns lles interesa?

Foto: Deserto dos Monegros.

Tags: comunicacion

servido por olalla 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

david santos

david santos dijo

Esta claro Olaia que cada preriódico ou medio conta o que quere e intenta enfocar a nosa mirada cara outras cousas para non tratar temas que non queren que tratemos ou que non favorecen o partido ou ideas dos que eles son... partidarios..
Referente o que ti puxeches da noticia...pareceríame indignante que "joderan" un sitio coma ese con macroconstrucción convertindo iso nunha nova marbella...logo falamos de cambio climático, deforestación....pero con cousas así creo que o mundo mandarémolo o tacho.

Un saudo !!

31 Marzo 2008 | 08:25 PM

o0erinea0o

o0erinea0o dijo

Paréceme que é un proxecto desorbitado. Tal cantidade de cartos investida nun mamotreco de colosais aberracións... Paréceme innecesario.

Dende logo que a creación de postos de traballo aliviaría a economía e avivaría a dinámica de mercado con efectos asombrosos no sector turístico, pero a contrapartida tamén debe ser tida en conta: a devastación da zona, as cantidades inxentes de auga desbotadas sen control, americanizacion, impacto visual, etc.

Non tiña nin idea de que algo así fora a construirse... Está claro que "a pela é a pela". Pero dende logo non me gustaría levantarme un día e atopar que a leira do meu avó se converteu nun pendello con "tragaperras".

Un bico!

31 Marzo 2008 | 09:58 PM

Diego Ares Liñares

Diego Ares Liñares dijo

Como ti dicias, a globalización desperdigou polo mundo o estilo de vida e costumes da nación exemónica durante este último sécuo (o non tanto) os EE.UU. Sendo éstá nación de relativamnete tan recente creación e ademaís o gran defensor do sistema capitalista,e do estilo de vida de consumo non é de extrañar que a coca-cola ou os mc'donals se convertisen en algo tan cotiá a este lado do charco e no resto do mundo.
Las Vegas é a cidade con maior ritmo de crecemento do mundo, e sabe Yahvé a de cartos que debe xerar iso.
Xa estaba tardando en chegar...

1 Abril 2008 | 06:45 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de olalla

luscofusco

lugo, España
ver perfil »
contacto »
Olalla Rodil, nada na provincia de Lugo e actualmente afincada na cidade de Pontevedra. Son estudante de Publicidade e RR.PP na Universidade de Vigo, concretamente na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Fotos

olalla rodil fernández todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera