A publicidade non é un fenómeno recente. Pasando por alto as referencias a Exipto, Roma e Babilonia, esta disciplina nace trala masificación dos medios de comunicación e do consumo.
Malia isto, o caso galego é totalmente diferente. Fai uns anos cavilar tan sequera na idea de facer un anuncio en galego era algo imposíbel, xa que ningunha empresa privada estaba disposta a publicitarse neste idioma. Debido, xa que logo, ao conflito lingüístico que Galiza vive dende fai moitos anos.
Mais a situación vai mudando,fai uns poucos anos comezamos a observar como ían aparecendo iniciativas publicitarias en galego. Empresas privadas, organismos públicos... deciden, agora, levar a diante a súa publicidade na lingua galega, malia a situación de diglosia na que vive.
Deixovos algúns anuncios actuais para que faledes da situación da lingua galega na publicidade ou sobre os propios anuncios. En vindeiras ocasións repasarei como foron aqueles primeiros spots en galego.
Moitas grazas por asinar nas entradas anteriores, e agardo que esta reciba tamén algunha sinatura.

Parabéns polo blog. É moi interesante a adicación que lle das
a publicidade en galego. Considero que é infravalorada ¿por qué na televisión galega moitos dos spots están en castelán? ¿seica non se entenden en galego?
Dende aquí anímote a que na túa futura carreira como publicista continúes ca expresión en galego nun medio tan importante como é a publicidade.
Por certo, moi boa selección de anuncios.
Saúdos
Sabes lo que simpre te digo sobre el tema de hacer por el gallego, que si no hace uno por su propia lengua, menos van a hacer los demás por ella...
Es cierto que no vive una buena situación el gallego, pero teneis que sentiros orgullosos de poder tenerla reconocida...(por algo dicen que se empieza, no?), ójala el asturiano consiguiera algún día la lucha por "la oficialidá"...
Respecto a los anuncios en vuestra lengua tengo que decir que la utilización de esta le da más atractivo, y también pienso que que sirve como seña de identidad. Por ejemplo un anuncio de turismo gallego no valdría de nada hacerlo en castellano.
Siempre me emocionó este anuncio:
http://www.youtube.com/watch?v=-KwNNHOYey0
Sabes que me encanta oírte hablarlo, pues sabemos que es la única manera de conservarlo...Usándolo!!
Suerte con el blog Olalla!!
O anuncio de Gadis "Vivamos como galegos" é xa todo un referente da publicidade na nosa lingua pero está demasiado explotado ultimamente.
Recordo a impresión da miña cara cano o vin, recordo o impacto que me causou esa mensaxe tan rotunda, e tamén o humor co que nos tomamos o asunto (que gracia o de "octopus to the party").
Tes razón cando dis que hai pouca publicidade en galego pero ao meu ver creo que os produtos se venden moito máis cando falamos na nosa propia lingua (opinión que comparto ca filóloga Carme Hermida). A mensaxe é máis cercana a nós e é máis fácil a súa asimilación.
Debemos traballar para que o rumbo cambie e a uso do galego se extenda máis amplamente no campo da publicidade.
En canto ao segundo spot, só podo dicir que me impresionou moitísimo. Mirándoo quedeime en estado de éxtase! E incrible a forza e a seguridade que transmite, os ánimos e a rotundidade da súa mensaxe. Demostra todo o potencial (nunca mellor dito) da nosa identidade.
Bo tema e moi bos exemplos.
Un saúdo e sorte!